Axuda e Soporte
Preguntas Frecuentes
Resolvemos as túas dúbidas sobre os nosos produtos e servizos
Aquí respondemos ás preguntas máis comúns sobre Dezabellas, os nosos produtos de mel artesanal e o proceso de compra. Se non atopas a resposta que buscas, contáctanos.
Sobre os Produtos
¿Que tipos de mel ofrecedes?
Ofrecemos tres variedades de mel artesanal 100% natural: Mel de Castiñeiro (sabor intenso e escuro),
Mel de Breixo (textura xelatinosa única) e Mel de Eucalipto
(sabor suave e propiedades balsámicas). Todas son recollidas nas nosas colmeas en Galicia.
¿O mel é 100% natural e sen aditivos?
Si, absolutamente. Todo o noso mel é 100% natural, sen aditivos, conservantes nin tratamentos químicos.
Non utilizamos alimentación artificial nas abellas e respectamos os seus ciclos naturais.
O mel extráese de forma artesanal e só se filtra minimamente para eliminar impurezas.
¿Por que o mel cristaliza?
A cristalización é un proceso natural que indica que o mel é puro e non foi procesado térmicamente.
Cada variedade cristaliza a diferente velocidade segundo o seu contido de glicosa.
Se prefires mel líquido, só tes que quentalo ao baño maría a temperatura baixa (non superior a 40°C) para non perder as súas propiedades.
¿Cal é a data de caducidade do mel?
O mel é un dos poucos alimentos que non caduca se se conserva adecuadamente. Por normativa, indicamos unha data de consumo preferente de 2 anos,
pero o mel mantén as súas propiedades indefinidamente se se almacena nun lugar fresco, seco e protexido da luz directa.
Compra e Pago
¿Como podo facer un pedido?
Podes facer o teu pedido a través da nosa páxina de produtos,
engadindo os artigos ao carro de compra. Tamén podes contactar connosco por teléfono (+34 619 97 84 24) ou email (info@dezabellas.com)
para realizar un pedido personalizado.
¿Que métodos de pago aceptades?
Aceptamos tarxetas de crédito e débito (Visa, Mastercard, American Express) e transferencia bancaria.
Todos os pagos con tarxeta realízanse a través de pasarelas seguras que cumpren cos estándares PCI-DSS.
¿Hai un pedido mínimo?
Non temos pedido mínimo. Podes comprar desde un só pote de mel.
Non obstante, para pedidos superiores a 50€ na península, o envío é gratuíto.
Envíos e Entregas
¿Canto tempo tarda en chegar o meu pedido?
Os pedidos procesaranse en 24-48 horas laborables. O prazo de entrega na península é de 3-5 días laborables desde a confirmación.
Para Baleares e outros destinos, o prazo pode ser de 5-7 días laborables. Recibirás un email cun número de seguimento cando o pedido sexa enviado.
¿Canto custan os gastos de envío?
Os gastos de envío calcúlanse en función do peso e destino. Para España peninsular, os gastos oscilan entre 4-6€.
Os envíos son gratuítos para pedidos superiores a 50€ na península.
Para outros destinos, contacta connosco para un orzamento personalizado.
¿Enviades a Canarias, Ceuta e Melilla?
Si, realizamos envíos a Canarias, Ceuta e Melilla, así como a nivel internacional.
Os gastos de envío varían segundo o destino. Contáctanos en info@dezabellas.com ou no +34 619 97 84 24 para solicitar un orzamento.
Devolucións e Garantía
¿Podo devolver un produto se non estou satisfeito?
Si, tes 14 días naturais desde a recepción do pedido para exercer o dereito de desistimento.
O produto debe estar sen abrir, no seu envase orixinal e en perfectas condicións. Os gastos de devolución corren a cargo do cliente.
Por tratarse de produtos alimentarios, non se aceptan devolucións de produtos abertos por cuestións de hixiene.
¿Que fago se o produto chega danado?
Se recibes un produto danado ou defectuoso, contacta connosco nas primeiras 48 horas desde a recepción.
Envíanos fotos do produto e procederemos á substitución ou reembolso inmediato sen ningún custo para ti.
Asumimos os gastos de devolución e reenvío nestes casos.
Sobre Dezabellas
¿Onde están situadas as vosas colmeas?
As nosas colmeas están situadas en Lalín, Pontevedra, no corazón de Galicia.
Aproveitamos a biodiversidade dos bosques galegos (soutos, breixeiras, eucaliptais)
para ofrecer méis con características únicas e auténticas da nosa terra.
¿Podo visitar as vosas instalacións?
Por suposto! Se estás interesado en coñecer o noso proceso de produción, visitar as colmeas ou aprender máis sobre apicultura,
contacta connosco para concertar unha visita. Estaremos encantados de mostrarche como traballamos e de compartir a nosa paixón polas abellas.
¿Ofrecedes mel a granel ou para eventos?
Si, ofrecemos mel a granel para empresas, restaurantes e eventos especiais.
Tamén podemos crear detalles personalizados para voda, bautizos ou calquera celebración.
Contacta connosco en info@dezabellas.com para solicitar un orzamento personalizado.
¿Non atopaches a túa resposta?
Se tes calquera outra dúbida ou necesitas información adicional, non dubides en contactar connosco. Estaremos encantados de axudarche.