Recoñecemento Internacional

Os Nosos Premios e Distincións

Cada premio é un agradecemento ao traballo das nosas abellas e ao coidado que poñemos en cada colmea. Dezabellas foi recoñecida en certames nacionais e internacionais pola calidade, sabor e pureza da súa mel.

Estes galardóns non só avalan o noso produto, senón tamén o noso compromiso coa apicultura sostible, co respecto polos ecosistemas galegos e coa transparencia en todo o proceso de produción.

Premios de Prestixio

Certames internacionais como os London Honey Awards

Proxección Internacional

A nosa mel traspasa fronteiras e conquista novos mercados

Calidade Certificada

Produtos naturais, coidados desde a flor ata o frasco

Feito con Paixón

Cada premio é un impulso para seguir mellorando

Medalla de Ouro á mel de Castiñeiro nos Honey London Awards 2025

Medalla de Ouro á mel de Castiñeiro nos Honey London Awards 2025

Os London Honey Awards son os premios que recoñecen a calidade das meles de todo o mundo. O certame londinense de 2025 outorgou a Dezabellas unha medalla de ouro pola súa mel de castiñeiro e unha de prata pola súa mel de breixo.

Premio destacado Ler máis
Medalla de Prata á mel de Breixo nos Honey London Awards 2025

Medalla de Prata á mel de Breixo nos Honey London Awards 2025

Recoñecemento internacional á beira do Támesis. A calidade da mel de Lalín destaca nun dos certames máis esixentes do mundo, acadando a medalla de prata na variedade de breixo.

Ler máis
Medalla de Ouro á mel de Castiñeiro outorgada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) 2024

Medalla de Ouro á mel de Castiñeiro outorgada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) 2024

O Salón Teatro de Lalín foi escenario da entrega de premios Mel Cinco Estrelas. Álvaro Martínez García de Dezabellas obtivo o primeiro posto na categoría de mel de castiñeiro.

Ler máis
A mel lalinense de Dezabellas, no mapa das mellores do mundo

A mel lalinense de Dezabellas, no mapa das mellores do mundo

A mel procedente da capital dezana foi facéndose un oco ano a ano en función da calidade amosada nunha variada relación de produtos premiados internacionalmente.

Ler máis