Os Nosos Meles de Galicia
Produtos Artesanais

Os Nosos Meles de Galicia

Tres variedades únicas, cada unha coa súa personalidade e propiedades. Mel cru, sen filtrar e 100% galego, recollido con mimo e respecto pola natureza.

Mel de Castiñeiro

Mel de Castiñeiro

O mel de castiñeiro de Dezabellas caracterízase polo seu sabor intenso cun lixeiro toque amargo tan característico desta variedade tipicamente galega.

COR

Ámbar escuro, case marrón

SABOR

Intenso, lixeiramente amargo

TEXTURA

Líquido, cristaliza lentamente

ORIXE

Soutos de Galicia

Propiedades e Usos

Rico en minerais e con propiedades antioxidantes excepcionais. Perfecto para mariñar carnes, combinar con queixos curados e endulzar café. Ideal para deportistas polo seu alto contido en sales minerais.

Consultar prezo/ 500g
Mercar
Mel de Breixo

Mel de Breixo

Unha verdadeira exclusividade das nosas terras. O mel de breixo é un tesouro das montañas gallegas, de cor ámbar avermellado e cunha textura xelatinosa única que o fai inconfundible. Este mel artesanal destaca polo seu aroma floral intenso e o seu sabor penetrante.

COR

Ámbar avermellado, tixotrópico

SABOR

Forte, floral e penetrante

TEXTURA

Xelatinosa única

ORIXE

Montañas de Galicia

Propiedades e Usos

Rico en minerais como ferro, fósforo e calcio. Tradicionalmente utilizado para aliviar problemas urinarios. Ideal para tomar en xaxún, combina perfectamente con iogur e torradas.

Consultar prezo/ 500g
Mercar
Mel Milflores

Mel Milflores

É un mel que nace da diversidade, do equilibrio e das pequenas achegas de cada flor. Ningunha destaca por riba das demais, pero todas deixan a súa pegada. O sabor final é aromático, suave, cheo de matices e cun carácter que só pode vir do noso monte.

COR

Ámbar variable, brillante

SABOR

Doce, floral e completo

TEXTURA

Variable, cristalización media

ORIXE

Prados e montes de Galicia

Propiedades e Usos

Excelente reconstituínte natural e fonte de enerxía inmediata. Perfecto para endulzar leite, iogures ou elaborar repostrería artesanal. Moi recomendado como complemento nutricional diario.

Consultar prezo/ 500g
Mercar
Pack Agasallo

Pack Agasallo

Os nosos packs de agasallo son marabillosos, é o mellor agasallo que lle podes facer a alguén para que desfrute da esencia de Galicia. Inclúe un dosificador de mel de cristal.

COR

Ámbar variable, brillante

SABOR

Doce, floral e completo

TEXTURA

Variable, cristalización media

ORIXE

Prados e montes de Galicia

Propiedades e Usos

Excelente reconstituínte natural e fonte de enerxía inmediata. Perfecto para endulzar leite, iogures ou elaborar repostrería artesanal. Moi recomendado como complemento nutricional diario.

Consultar prezo
Mercar
Panal de Mel en Tarro

Panal de Mel en Tarro

Non é só mel. É a colmea dentro dun tarro. As abellas crean estas pezas únicas dende a cera ata o mel, todo feito por elas no propio tarro, sen extracción nin manipulación. Un produto excepcional, tal e como o conciben as abellas.

COR

Ámbar variable, brillante

SABOR

Doce, floral e completo

TEXTURA

Variable, cristalización media

ORIXE

Prados e montes de Galicia

Propiedades e Usos

O mel en panal é un superalimento cru que conserva intactas encimas, própole e pole, ofrecendo potentes propiedades antioxidantes, antibacterianas e rexenerativas. É rico en vitaminas e minerais, axuda a reducir o colesterol, fortalece o sistema inmunolóxico, alivia dores de gorxa e actúa como un enerxizante natural.

Consultar prezo
Mercar
Caixa de Mel en Panal

Caixa de Mel en Panal

O formato máis puro e tradicional. Un anaco de panal real cortado directamente da colmea e presentado nunha caixa protectora. Ideal para quen busca experimentar a textura da cera virxe xunto ao mel máis fresco.

COR

Ámbar variable, brillante

SABOR

Doce, floral e completo

TEXTURA

Variable, cristalización media

ORIXE

Prados e montes de Galicia

Propiedades e Usos

O mel en panal é un superalimento cru que conserva intactas encimas, própole e pole, ofrecendo potentes propiedades antioxidantes, antibacterianas e rexenerativas. É rico en vitaminas e minerais, axuda a reducir o colesterol, fortalece o sistema inmunolóxico, alivia dores de gorxa e actúa como un enerxizante natural.

Consultar prezo / 500g
Mercar
Packs Mini para Eventos

Packs Mini para Eventos

O detalle perfecto para as túas celebracións. Pequenos frascos de mel artesanal personalizados para vodas, bautizos, comuñóns ou eventos de empresa.

COR

Ámbar variable, brillante

SABOR

Doce, floral e completo

TEXTURA

Variable, cristalización media

ORIXE

Prados e montes de Galicia

Propiedades e Usos

Dispoñibles en diferentes formatos e variedades. Un agasallo saudable, natural e con selo galego que os teus convidados agradecerán.

Consultar prezo / 500g
Mercar
CALIDADE GARANTIZADA

Por Que Escoller o Noso Mel?

Cada pote de mel que producimos é o resultado dun traballo artesanal e respectuoso coa natureza. Non utilizamos tratamentos químicos nin alimentación artificial.

100% Natural

Sen aditivos nin conservantes. Mel puro tal e como o fan as abellas.

Produción Local

Recollido nas nosas colmeas en Galicia, apoiando a economía local.

Feito con Mimo

Cada pote recibe o coidado e a atención que merece un produto artesanal.

Utilizamos cookies propias e próximamente de terceiros para mellorar a túa experiencia de navegación e analizar o tráfico do sitio web. Ler política de cookies.