Mel Pura e Natural
Das nosas colmeas á túa mesa. Mel artesanal 100% natural, producido con paixón e respecto polas abellas
World Top 30 Honey Selection
Unha das 30 Mellores Meles do Mundo
Dezabellas foi seleccionada entre a elite global da apicultura. A nosa dedicación e a contorna única de Lalín permitíronnos posicionar o noso produto no mapa das mellores meles do planeta.
Reconocimiento certificado por expertos internacionales.
Mel Artesanal de Calidade Superior
Descubre a nosa selección de meles crus 100% naturais e sen filtrar, recollidos con paixón e dedicación nos campos florais de Galicia.
Mel de Castiñeiro 500g
O mel de castiñeiro de Dezabellas caracterízase polo seu sabor intenso cun lixeiro toque amargo tan característico desta variedade tipicamente galega.
Pack de agasallo
Os nosos packs de agasallo son marabillosos, é o mellor agasallo que lle podes facer a alguén para que desfrute da esencia de Galicia. Inclúe un dosificador de mel de cristal.
Panal de mel en tarro
Non é só mel. É a colmea dentro dun tarro. As abellas crean estas pezas únicas dende a cera ata o mel, todo feito por elas no propio tarro, sen extracción nin manipulación. Un produto excepcional, tal e como o conciben as abellas.
Paixón polas Abellas, Compromiso coa Calidade
O meu nome é Álvaro Martínez García, e levo máis de 10 anos dedicado ao fascinante mundo da apicultura. O que comezou como un pasatempo converteuse na miña paixón e no motor de Dezabellas.
Cada frasco de mel que producimos conta unha historia: a de milleiros de abellas traballando en harmonía coa natureza, a dos campos florais galegos coidadosamente seleccionados, e a dun compromiso inquebrantable coa sostibilidade e a pureza do produto.
Sen aditivos nin conservantes
Respecto polas abellas e o medio ambiente
Mestría artesanal
Cada pinga é especial
As Nosas Colmeas en Lalín
Situados no corazón de Galicia, onde a natureza galega nos brinda as mellores paisaxes florais para as nosas abellas.
Enderezo
Soutullo 12 36519 Lalín, Pontevedra
Teléfono
+34 619 97 84 24Horario de Atención
Luns - Venres: 14:00 - 16:00 e 19:30 - 22:00